A chispa

Quero estar en forma! Bueno, pero non quero perder o tempo facendo exercicio… Atentos a novidade que vos vou dar: Iso NON é posible! Non vos desmotivedes, aquí atoparemos a solución.

Cal é a solución? Como podemos facer para conseguir que facer exercicio non sexa considerado unha perda de tempo?
Debes atopar a CHISPA. Iso que che activa as ganas de facerlo.escalada

1. Busca o teu o obxectivo, o teu reto: un corpo fibrado, un reto persoal, unha maratón, unha carreira de 10km, unha travesía… Cada persoa ten o seu propio reto. Sabes cal é o teu?

2. Márcate micro-obxectivos: Hoxe quero facer isto, esta semana debo alcanzar aquilo… Non te preocupes se un día, ou unha semana, non logras por completo o micro-obxectivo marcado, algunha semana que te atopes mellor podes recuperalo. Iso si, recorda ir de xeito progresivo para ter sempre un avance. Non comeces demasiado forte, comeza pouco a pouco para irte sentindo cada vez máis cómodo.

3. Rétate a ti mesmo. Cando creas estar preparado para o teu reto persoal, non dubides, faino. Non teñas medo a non consiguilo, senón é desta a continuar entrenando e xa será a próxima vez.

4. DIVÍRTETE. É o máis importante cando se fai exercicio. Se te divirtes o sufrimento que podes sentir en momentos puntuais quedará no esquecemento.

Non hai NADA IMPOSIBLE e menos cando é algo que só depende de nós. Acende a CHISPA.

 

 


Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *